Junts chega a un principio de acordo co PSOE para facilitar que Armengol sexa presidenta do Congreso

O dirixente de Junts advertiu que non é unha decisión fechada e que se está á espera de ter ligada a documentación do acordo para asegurar o compromiso dos socialistas.
O ex president Carles Puigdemont, nun congreso de Junts. (Foto: Glòria Sánchez)
photo_camera O ex president Carles Puigdemont, nun congreso de Junts. (Foto: Glòria Sánchez)

Jordi Turull, secretario xeral de Junts, vén de anunciar un principio de acordo co PSOE para a mesa do Congreso.

Con todo, o dirixente de Junts advertiu que non é unha decisión fechada e que se está á espera de ter ligada a documentación do acordo para asegurar o compromiso dos socialistas.

Pola súa parte, Coalición Canaria anunciou tamén a súa abstención na votación da Mesa do Congreso. Isto facilita tamén o camiño á formación de Pedro Sánchez e, salvo sorpresas, Francina Armengol será a nova Presidenta do Congreso.

Para alén diso, ERC anunciou un acordo co PSOE que recolle a oficialidade do catalán no Congreso español e na UE. Segundo avanzou o diario catalán VilaWeb, Junts e ERC non se coordinaron para as negociacións.

"Consideramos unha anomalía que os cidadáns non poidan dirixirse á Administración na súa lingua propia, unha lingua recollida para a sacrosanta -segundo algúns- constitución", afirmou Gabriel Rufián como argumento a favor da oficialidade do catalán.

Comentarios