"Galiza existe e quere existir". Eis o título do manifesto impulsado por Suso de Toro, Xabier P. Docampo, Xurxo Souto e Agustín Fernández Paz de cara á unha "alianza aberta e participativa" que pule por unha candidatura galega nas eleccións xerais de outono.
O texto, que foi promovido através das redes sociais sinala que é "a hora na que partidos e movementos cívicos e cidadáns deben xuntar as súas forzas nun proxecto representativo común".
Perante os comicios ás Cortes españolas, explican, "non pode ser que a Galiza non exista no Parlamento por ela mesma, cunha voz propia que exprese os intereses da nosa sociedade e represente a nosa identidade colectiva". Para o que defenden "a unión de todas as forzas nun proxecto nacional galego".
"Un proxecto que sexa unha alianza aberta e participada directamente pola cidadanía" o que, subliñan, "desencadearía unha ilusionante rexeneración cívica da sociedade galega".