Francisco Jorquera: “Usan a austeridade como escusa para camiñar cara á unha sociedade máis desigual”

Os grupos da oposición critican con dureza a xestión de Feijóo e néganlle o seu apoio na sesión de investidura. Na súa quenda de intervención Francisco Jorquera criticou con dureza a xestión de gobernó desenvolvida por Feijóo e asegurou que é precisa “unha rexeneración democrática” e que “Galiza teña dereito a decidir”

Francisco Jorquera
photo_camera Francisco Jorquera

BNG, AGE e PSdeG interveñen arestora no pleno do Parlamento co gallo da sesión de investidura do que esta mesma quinta será re-eleito presidente da Xunta de Galiza. As tres formación da oposición denuncian que o discurso pronunciado a pasada terza feira por Alberto Núñez Feijóo foi unha “estafa” e baten contra o grupo maioritario asegurando que a “maioría parlamentar” coa que contará o Partido Popular os vindeiros catro anos, non é apoiada “pola mayoría social”. Así o denunciaba Francisco Jorquera, voceiro parlamentar do BNG, na súa intervención. “O seu partido non foi lexitmado pola sociedade para continuar coas políticas de saqueo”, espetaba o voceiro nacionalista desde a tribuna do salón de plenos, asegurando que “só un de cada catro galegos inscritos no censo electoral votou o Partido Popular”. Aliás, aseverou que “desde o respeito ao resultado das urnas” o executivo galego corre o risco “de morrer do seu éxito electoral” froito de que as políticas que desenvolve “conduzan a nosa nación á desaparición”, asegurou Francisco Jorquera.

O voceiro do BNG criticou con dureza as políticas levadas a cabo polo gobernó da Xunta de Galiza durante os últimos catro anos e acusou ao líder do executivo galego de non ter feito “absolutamente nada” por mudar a realidade galega.

Aseí mesmo, Francisco Jorquera salientou que algunas das políticas desenvolvidas polo executivo galego liderado por Núñez Feijóo, mesmo foran anuladas pola xustiza galega, como a suspensión do plan eólico e as disposicións fundamentais do decreto do plurilingüismo. “Derrogue p decreto da vergoña e exclúa ao señor Vázquez do novo gobernó” exixiu o nacionalista asegurando que “a propia pervivencia de Galiza como país” está “ameazada”, aseverou Jorquera, perante as políticas aprobadas desde a Xunta de Galiza. Neste senso, o nacionalista comparou a Núñez Feijóo co “sheriff de Nottingham” por ter apoiado coas medidas implementadas ao longo deste ano “aos centros e operadores privados” para que “uns poucos fagan negocio”.

Comentarios