AGE rescinde o contrato a un dos seus traballadores no Parlamento acusado de distribuír pornografía infantil

A coligazón anunciou o despedimento deste empregado do grupo parlamentar. A Policía española procedeu esta terza feira a rexistrar as dependencias parlamentares de Alternativa.

O presidente do Parlamento de Galiza, Miguel Santalices, autorizou esta terza feira o acceso de axentes da Policía Nacional á Cámara para proceder a un rexistro nas instalacións de AGE no marco dun operativo contra a pornografía infantil. Un operativo que se produce após a detención esta segunda feira dun traballador do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, acusado de ter e distribuír pornografía infantil. Xosé Manuel Beiras xa anunciou o despedimento “cautelar” desta persoa, que respondería ás iniciais R.S e estaría ligado a Esquerda Unida.

A detención ten lugar no marco dun operativo ordenado por un xulgado da Coruña. O rexistro nas dependencias de AGE produciuse após se detectar descargas de material pornográfico infantil desde IPs do Parlamento de Galiza."Foi o propio encausado o que solicitou ou propuxo que se realizase un rexistro no seu despacho", indicou Beiras

Comentarios