MANIFESTACIÓN DO BLOQUE

O himno pon o ramo a unha marcha nacionalista masiva

Miles ateigan a praza da Quintana.

Quintana petada

"Que queiran que non, Galiza é unha nación" e "Galiza ceibe, poder popular" atronan xa as rúas de Compostela, con miles de persoas a marchar na convocatoria do BNG sob a lenda de Galiza Viva! Soberanía e traballo.

Por volta de 20 minutos após do comezo da marcha, xa os primeiros continxentes alcanzaban a Praza da Quintana, en tanto que miles de persoas saían aínda da Alameda. 

Arredor das 13 horas, e após actuacións musicais e a engrazada apresentación de Isabel Risco, todo está pronto para que dea comezo as intervencións políticas, ás que porá o ramo a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón.

A líder do formación soberanista comezou o seu discurso arredor das 13.30 horas cun vibrante alegado a prol da vixencia do ideario político do nacionalismo galego en xeral e da virtualidade do BNG como ferramenta en particular. "Seguimos construíndo nación, aquí estamos en pé", arengou.

A Praza en pé a entoar o himno nacional galego puxo o ramo a esta masiva mobilización nacionalista por volta das 14 horas.

Comentarios