Axenda de actos políticos no Día da Patria

As forzas políticas nacionalistas e soberanistas e o PSdeG-PSOE programaron actos políticos para este 25 de Xullo. Os partidos estatais integrados nas Mareas non realizan ningunha actividade este Día da Patria: Esquerda Unida apresentou o sábado un manifesto e Podemos Galicia non organizou ningún evento.

Praza Quintana ateigada. Día da Patria Galega 2015
photo_camera Día da Patria 2015

A axenda é a seguinte:

Compostela

12 horas. Manifestación do Bloque Nacionalista Galego, co lema Galiza viva! Soberanía e Traballo. Partirá da Alameda, percorrerá o casco vello de Compostela e concluirá na Praza da Quintana, onde tomará a palabra a portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón.

12.30 horas. Manifestación convocada por unha comisión cidadá independentista, sob a lenda de Irmás, irmaos, em pé! Pola independência nacional. Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas. Partirá ás 12.30 horas da Alameda, ponto no que realizará unhas declaracións aos meios a portavoz Cris Rodrigues.

13 horas. Acto político de Anova no Parque de Galeras, coa intervención do portavoz nacional da formación, Xosé Manuel Beiras.

13 horas. Acto político de Compromiso por Galicia no Parque Eugenio Granell. O partido galeguista apresentará os cabezas de lista para as eleccións galegas. Está anunciada a presenza do portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban.

Rianxo

12 horas. Paseo da Ribeira. Oferenda floral do PSdeG-PSOE na estatua de Castelao. Intervirán a presidenta da comisión xestora, Pilar Cancela, e o candidato á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Máis en POLÍTICA
Comentarios