Concentración de Nós-UP ante sede do PP para “sinalar os culpábeis” do sinistro de Angrois

Militantes da formación independentista despregaron unha faixa e denunciaron que os recortes do PP en seguridade ferroviaria están na base do accidente

Nós-UP
photo_camera Nós-UP

Un grupo de militantes da formación independentista Nós-UP realizaron unha concentración perante a sede do partido Popular no concello de Mos. Un acto co que, afirman nun comunicado, procuran “ assinalar os verdadeiros culpáveis das 79 mortes do acidente ferroviário de Angrois”.

Para Nós-Uunidade Popular “nem o maquinista, nem a chamada telefónica do interventor; fôrom as políticas de cortes do Partido Popular as que matárom a 79 pessoas: privatizaçom, precariedade laboral, carência de meios, desprezo pola Galiza… causárom este trágico acidente”.

Os militantes despregaron unha faixa na que pedían a ilegaklización do PP, para alén da demisión dos presidenets autonómico (Feijóo) e español (Rajoy)

Comentarios