Comezan a declarar en Ourense as testemuñas na querela por prevaricación contra Baltar Pumar

O Xulgado de Instrución nº 1 de Ourense acolle a partir desta terza feira a toma de declaración d@s traballador@s, o secretario e o interventor da Deputación. O propio imputado, José Luis Baltar Pumar, declarará o día 4 de febreiro.


As primeiras declaracións das testemuñas na querela contra o ex-presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, comezarán esta terza feira a partir das 16:30 horas no Xulgado de Instrución nº 1 de Ourense. As primeiras intervencións serán as de catro das 104 persoas contratadas pola institución provincial ás que se lle está a investigar supostas irregularidades nos contratos. Na quarta feira, tamén pola tarde, declararán máis traballador@s nesta situación.

Para o día 31 de xaneiro está previsto que declaren, tamén como testemuñas, catro xefes de servizo, o secretario e o interventor da Deputación de Ourense. A participación de José Luis Baltar, imputado por un suposto delito continuado de prevaricación administrativa, será o día 4 de febreiro ás 17 horas.

Comentarios