Ciudadanos suspende de militancia o seu único concelleiro en Pontevedra por apoiar os orzamentos

goyo revenga ciudadnos pontevedra foto Facebbok
photo_camera Goyo Revenga (FB)

A Comisión de Réxime Disciplinario de Ciudadanos abriu un expediente disciplinario con suspensión cautelar de militancia ao único concelleiro do partido laranxa no Concello de Pontevedra, Gregorio Revenga, após que este apoiase co seu voto a aprobación dos orzamentos municipais da capital provincial, con Alcaldía do BNG.

A comisión adoptou dita decisión "após incumprir as directrices do partido, feitos que poderían infrinxir a normativa disciplinaria interna ao votar a favor os orzamentos de Pontevedra".

No pleno extraordinario celebrado esta sexta feira, o concelleiro Goyo Revenga votou a favor do orzamento presentado polo goberno local despois de que estes aceptasen catro emendas presentadas polo edil de Ciudadanos que, no seu conxunto, están valoradas no medio millón de euros.

Comentarios