Y. C. 20/xan./22 Seguinte chevron_right A crise económica fica como o primeiro problema a nivel estatal no barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xaneiro, mentres que, erguido pola vaga de contaxios provocada pola variante Ómicron, o coronavirus ascende á segunda posición. En concreto, os problemas económicos son mencionados en 34,5% dos cuestionarios, dúas décimas menos que no mes anterior, mentres que a Covid figura en 32,7% dos mesmos, subindo 2,3 puntos a respecto de decembro. Colócase así como segunda preocupación estatal, unha posición que non ocupaba desde o pasado mes de maio, aínda que entón aparecía mencionada como un problema en 41,6% das enquisas. O ascenso do coronavirus fai caer ao paro á terceira praza da clasificación, con 32,2%, cinco puntos menos que no barómetro anterior. Estimación electoral Por outra parte, o CIS presenta unha nova actualización do seu barómetro electoral, que deixa uns resultados moi semellantes aos de decembro de 2021, co PSOE á cabeza con 28,5% dos votos (+0,5%), seguido do PP, con 21,5% (+0,7%). O BNG mantén os apoios que as persoas enquisadas ofreceran en decembro, 0,6% do total dos sufraxios do Estado, o que supón unha décima máis que nas eleccións xerais de 2019, polo que este resultado permitiría que a formación nacionalista manteña o seu escano en Madrid. No que atinxe á valoración de líderes políticos, Yolanda Díaz é a mellor valorada, cunha nota de 4,82, seguida de Pedro Sánchez, con 4,34; Íñigo Errejón, de Más País, con 4,05 puntos; Inés Arrimadas, de Ciudadanos, con 3,59; o líder do PP, Pablo Casado, con 3,37, e o presidente da formación de ultradereita Vox, Santiago Abascal, con 2,88. En resposta á pregunta sobre a que líder político ou política votaría nas vindeiras eleccións xerais, tomando como refrencia o voto nas eleccións de novembro de 2019, Pedro Sánchez (20,5%) e Yolanda Díaz (15,7%) lideran a nivel global. Sánchez é o candidato favorito das e dos votantes de PSOE, PNV, PRC, Junts e Coalición Canaria —malia que estas formacións rexistran un alto grao de respostas á pregunta da enquisa de "ningún dos candidatos propostos"—, mentres Díaz lidera entre o electorado de UP, ERC, BNG e Bildu. Resulta paradigmático o caso de Más País, a única formación de alcance estatal cuxo electorado prefire outro líder político —Yolanda Díaz, 43,2%— diferente do da súa propia formación —Íñigo Errejón, 35,5%—. Apoia Nós Diario Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas. SUBSCRÍBETE Etiqueta eleccións CIS enquisa Estado español Seguinte chevron_right
POLÍTICA O PSOE expulsa os dous edís de Santa Comba que facilitaron un Goberno do PP Redacción 20/maio/22
POLÍTICA O BNG pregunta no Congreso polo custo das "vacacións" do rei emérito en Sanxenxo Redacción 19/maio/22
POLÍTICA CIS de maio: o PP segue a recortar distancias co PSOE e o BNG garante a representación no Congreso Redacción 19/maio/22
POLÍTICA O BNG urxe Rueda a aprobar un "plan de choque" para "quen peor o están a pasar" Redacción 18/maio/22