Eleccións Europeas 9-X

O eurodeputado Nicolás Casares di que a Xunta deixou sen usar fondos europeos para a pesca

O eurodeputado visitou a sede de Orpagu en Tui
GonzalezCasares_001-1200x675
photo_camera Nicolás González e Juana Parada (Foto:PSdeG)

O eurodeputado do PSOE Nicolás González Casares visitou na mañá desta cuarta feira as instalacións da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en Tui (O Baixo Miño), onde foi recibido por Juana Parada, xerente da OPP (Organización de Produtores de Pesca).

Na súa visita a estas instalacións, Casares asegurou que vai "defender ao sector do palangre ante os retos da próxima lexislatura" europea, “pois hai moitas ameazas por parte de sectores que non teñen en conta o aspecto social e económico desta actividade e non asumen que a pesca galega e europea xa cumpren cos maiores estándares de respecto aos océanos das que existen, polo que na nosa proposta de reforma da Política Pesqueira Común as demandas do palangre son recollidas".

O eurodeputado afirmou que a Xunta da Galiza deixara sen usar 60% dos fondos do FEMP (Fondos Europeos Marítimos e de Pesca) que lle corresponderon no anterior período "provocando a perda de moitas oportunidades que agora paga toda a pesca galega".

González Casares destacou que a nave de Orpagu “é un modelo da Economía Azul que defendemos os socialistas, unha industria que permite o procesado e almacenamento  intelixente das capturas da flota para a súa posterior comercialización, todo en territorio galego e con apoio europeo”.

Así González Casares sinalou que “unha visita a estas instalacións a pleno rendemento dan conta da intensidade do traballo que fai esta organización pesqueira.

O PSdeG escolleu Vigo para iniciar na noite da quinta feira a campaña das europeas.

Comentarios