Os candidatos do PSdeG xogan ás acusacións mutuas

Quer o actual secretario xeral dos socialistas na Galiza, Gonzalo Caballero, quer o aínda aspirante e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso elevan o ton do seu discurso. A medida de ambos grupos de traballo podería ser unha estratexia para intentar obter votos de cara a unhas primarias aínda abertas.
Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso nos seus actos desta quinta feira. (Foto: Europa Press) #psdeg #gonzalocaballero #valentíngonzálezformoso #primarias
photo_camera Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso nos seus actos desta quinta feira. (Foto: Europa Press)

A campaña pola secretaría xeral do PSdeG endurécese, ou iso semella á vista das acusacións mutuas que se enviaron os dous candidatos -Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso- esta quinta feira. Dado o análise das persoas expertas sobre o aberto que está o resultado, elevar o ton dos discursos parece responder a unha estratexia.

O actual secretario e candidato á reelección, Gonzalo Caballero, criticou ao seu opoñente por “criticar á dirección do partido” mentres recorría o debate sobre o estado da nación.

Na opinión do socialista, que pasou esta cuarta feira no Parlamento, “todos” os e as socialistas deberían terse “centrado en confrontar coas políticas da dereita e en dar respostas de esquerda”.

En consecuencia, cualificou de “pouco afortunado” o feito de que o que é presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acudira á sede do partido a presentar os seus avais para esta carreira electoral. O mesmo dixo das críticas á dirección do PSdeG mentres esta debatía no Hórreo.

Tanto é así que o acusou de pretender “marcar goles en propia meta” e “facerlle o traballo a Feixoo e ao PP” en vez de “fornecer unha alternativa mellor para os galegos”.

Pola súa parte, o aspirante acusou Caballero de convocar unhas primarias á súa “medida” atendendo ao seu suposto “medo a perder”.

“Se fora pola actuación dirección do PSdeG as primarias terían sido o 26 de setembro e habería só un candidato pero, por sorte, o PSOE ten órganos que garanten a participación democrática da militancia”, espetou.

Ao parecer de González Formoso, é positiva a elección porque é “unha ferramenta que debe fomentar a participación, non coartar ou prohibir que se presenten persoas que queiran mellorar o partido e a sociedade”.

Estas declaracións foron feitas nas xiras que ambos candidatos están a realizar polo país compaxinándoas coas axendas públicas que implican os seus respectivos cargos.

Comentarios