O BNG pide o traspaso a Galiza das competencias no marítimo-terrestre

Luís Bará acusa o Executivo galego de "manipular".
O deputado nacionalista Luís Bará, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O deputado nacionalista Luís Bará, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)

O viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Luís Bará anunciou esta segunda feiraque a formación nacionalista defenderá na Cámara  unha proposición de lei para o traspaso das competencias públicas terrestres como “vía de solución” ao recurso presentado polo Goberno cespañol ante o Tribunal Constitucional en contra da Lei galega do litoral aprobada pola Xunta da Galiza.

O deputado nacionalista afirmou que o BNG é contrario a este recurso mais asegurou que a Xunta puxo “o carro diante dos bois” actuando con présas e tramitando a lei de maneira “exprés” coa intención de “crear conflito” co Goberno do Estado. A Xunta, recalcou Bará, “non quería a transferencia” porque tivo a oportunidade de reclamala durante  o Goberno de Mariano Raxoi para facilitar a Galiza esta competencia "e nese momento non a reclamou".

Neste sentido, considerou que ou interese do Executivo galego sobre estas competencias, que non reclamou durante os gobernos de Raxoi, xurdiu por mor do cambio de posición do Estado sobre a prórroga da concesión á factoría de Ence na ría de Pontevedra. "A Xunta está a manipular e enganando ao sector mar-industria e aos concellos para dar unha batalla partidista", sostivo Bará

O BNG, dixo, discrepa e manifesta a “súa rotunda oposición” á presentación do recurso de inconstitucionalidade porque é “unha decisión unilateral e inxustificada”. Unilateral porque non foi convocada a Comisión Mixta integrada pola Xunta e o Estado para abordar as discrepancias e inxustificada porque os argumentos "non son o verdadeiro motivo do recurso".

Bará subliñou que o BNG defende as plenas competencias de Galiza a respecto do litoral, co mar e a costa.

Comentarios