BNG pide un “plan estratéxico” para evitar que Galiza se converta en “mera produtora de leite low cost”

A candidata nacionalista por Lugo, Olalla Rodil, aponta medidas como a creación dun grupo lácteo galego.

BNG rodil meira

 A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil visitou este domingo a vila de a Festa da Malla de Meira, un evento que fixo este ano 25 edicións. Durante a visita, Rodil manifestou que a crise que padece o sector lácteo “ten responsabilidades políticas” e cualificou como “engano” o acordo do goberno do Estado e galego para o sector asinado hai máis dun ano. Como exemplo dese fracaso apontou que os gandeiros galegos seguen sendo os que reciben os prezos máis baixos de todo o Estado e que persiste a súa situación de “indefensión” perante as empresas.

Rodil considera urxente sentar as bases para dar unha solución a un sector que é chave na provincia e no país, ao tempo que sinalaba que nesa solución o goberno galego debe ter protagonismo. Acandidata insistiu que Galiza necesita un “plan estratéxico” que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo “meros produtores de leite a prezo low cost”.

Comentarios