BNG e AGE denuncian "violencia económica" da quita e exixen a devolución "até do último euro"

Ambas as dúas formacións amosaron o seu rexeitamento á decisión anunciada esta sexta feira polo FROB. Denuncian que a quita supón "un acto de extrema inxustiza" para @s aforrador@s. 

A Executiva nacional da organización frontista emitiu un comunicado público após se coñecer a quita imposta ás afectadas polo calote das preferentes e subordinadas. De igual maneira, desde a Alternativa galega amosaron a súa "total oposición" a calquera tipo de quita. 

Os grupos da oposición denunciaron o desleixo da Xunta de Galiza perante o que consideraron "un acto de violencia económica" --indican @s nacionalistas, e un "auténtico roubo" dos aforros d@s galegos por parte do Goberno español. Neste senso, BNG e AGE amosaron a súa solidariedade coas plataformas de afectad@s apoiando as súas demandas de devolución íntegra.

Tamén así, advirten desde o Bloque, a quita confirma "as mentiras e o engano do goberno Feijóo" que incumpriu "todas e cada unha das promesas electorais" realizadas ás persoas estafadas. Aliás, o seu portavoz nacional, Xabier Vence, anunciou que participará na mobilización nacional convocada para mañá sábado ás 10.30h en Pontevedra

Comentarios