28-M

Besteiro reclama desde Muxía que o PP "pida perdón" por deixar a Costa da Morte "abandonada"

O socialista José Ramón Gómez Besteiro emprazou o PP a que “antes de vir pedir os votos veñan pedir perdón polo abandono no que están deixando esta comarca en infraestruturas e servizos”. Así o dixo na visita a Suxo, no concello de Muxía, xunto co alcalde e candidato socialista á reelección, Iago Toba.
Iago Toba e Gómez Besteiro (Foto: PSdeG).
photo_camera Iago Toba e Gómez Besteiro (Foto: PSdeG).

O socialista José Ramón Gómez Besteiro emprazou o PP a que “antes de vir pedir os votos veñan pedir perdón polo abandono no que están deixando esta comarca en infraestruturas e servizos”. Así o dixo na visita a Suxo, no concello de Muxía, xunto co alcalde e candidato socialista á reelección, Iago Toba.

Gómez Besteiro aludiu así ao remate da autovía da Costa da Morte, que aínda ten pendente o tramo Baio – Berdoias polo desleixo do Goberno galego logo de que o PP lle perdoara á empresa adxudicataria a execución dos últimos 15 quilómetros no ano 2013. Advertiu que fronte á falla de xestión do PP “o que facemos os socialistas é traballar por solucionar os problemas” da cidadanía.

Lamentou ademais a “vergoña que sente o PP polos seus candidatos e a pouca confianza na intelixencia dos cidadáns”, despois de que Alfonso Rueda se dixera “preocupado se nestas eleccións se elixe a Sánchez ou non”.

"Os veciños saben o que queren votar"

Dixo que “ao final os veciños saben o que queren votar o 28-M, e o que queren saber é se van ter servizos próximos, asistencia á Dependencia, boas infraestruturas, sen van ter luz, vivenda e se vai chegar ben a auga á casa”.

Aludiu así ao “pacto da vergoña” entre o PP e os concelleiros non adscritos do concello de Muxía, que impediron a constitución do último Pleno municipal, no que se ía aprobar un investimento de 250.000 euros para a mellora do abastecemento de auga en Suxo.

O responsábel socialista subliñou que “todos os pactos en contra dos veciños son os pactos da vergonza” porque “non permiten que os pobos avancen e resolvan problemas como o abastecemento da auga”.

O candidato socialista á reelección, Iago Toba, sinalou que a cidadanía de Muxía está “indignada” pola actitude do PP xunto cos concelleiros non adscritos, que “renuncian a representar aos veciños e veciñas e facer a súa función” como membros electos da Corporación Municipal.

Ratificou que os e as representantes do Grupo Municipal do PSdeG “somos representantes dos veciños dende o primeiro ao último día” do mandato.

Comentarios