Eleccións Municipais

Besteiro recupera o músculo electoral e apoia tres listas nun día

Asiste a actos en Fene, Neda e Oza-Cesuras.
José Ramón Gómez Besteiro co alcalde de Ames, Blas García, esta terza feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera José Ramón Gómez Besteiro co alcalde de Ames, Blas García, esta terza feira. (Foto: Nós Diario)

O delegado do Goberno español na Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, deixou esta terza feira á tarde á marxe o carácter máis institucional para, como valor do PSdeG, recuperar músculo electoral e tomar parte en tres actos para as eleccións municipais do 28-M.

Primeiro, en Fene, comarca de Ferrol, onde Besteiro compareceu  co candidato á Alcaldía deste concello de 13.000 habitantes, Joaquín Ayala. Iso foi a primeira hora da tarde. A media tarde, Besteiro estaba xa en Neda, na mesma comarca, onde realizou un paseo xunto ao alcalde socialista da localidade, Ángel Alvariño.

E, cara á noitiña, Gómez Besteiro puxo o ramo en Oza-Cesuras, onde interveu na presentación da candidatura socialista neste Concello da comarca das Mariñas, unha lista liderada por Pilar Pedreira.

Pola mañá, e alí si como delegado do Goberno español, Besteiro visitou Ames, na comarca de Compostela, onde abordou co alcalde, Blas García, a marcha de diversos proxectos.

Comentarios