Xuízo pola trama Gürtel

Bárcenas declara que o PP financiou con diñeiro negro a ampliación de capital de Libertad Digital

Concluíu o testemuño de Bárcenas. 16 horas de declaración, durante estes últimos días, perante o xuíz da Audiencia Nacional. Entre as revelacións, que o PP acudiu en 2004, con diñeiro negro, á amplicación de capital de Libertad Digital.

Luis Bárcenas. Xuízo Gürtel
photo_camera Luís Bárcenas, durante o xuízo

A decisión política de financiar a ampliación de capital do dixital ultra que dirixe Jiménez Losantos transmitiulla a Bárcenas o daquela secretario xeral do partido, Ángel Acebes, segundo declarou o propio ex tesoureiro do PP.

Iso aconteceu en 2004, época en que Libertad Digital amparaba a teoría conspiranoica do PP sobre os atentados do 11M.

Alén do máis, as 16 horas de declaración de Bárcenas poden resumirse nun titular: na admisión de que si existía contabilidade B no partido e que era do coñecimento da cúpula dirixente.

Como era previsíbel, negou perante a fiscalía que se apropiase de ningún fondo do partido e atribuíu a súa fortuna persoal á súa pericia a hora de colocar o seu diñeiro na bolsa.

Comentarios