27 delegacións estranxeiras acoden ao congreso dos nacionalistas

A Asemblea Nacional do BNG máis internacional da súa historia

A XVII Asemblea Nacional do BNG é a máis participada por delegacións internacionais da historia do BNG

FDiB9qEXMAgDUoe
photo_camera As delegacións internacionais presentes na Asemblea nun encontro cos responsábeis de política internacional do BNG. Foto:@Orhipean

A Asemblea Nacional do BNG conta coa presenza de 27 delegacións internacionais procedentes do resto de nacións do Estado español e de países europeos e suramericanos.

Os Paisos Catalans son os que máis delegacións envían, con oito formacións representadas. Comunistes de Catalunya, as CUP, Poble Lliure. Junts per Catalunya e ERC, entre outras, contan con unha ou dúas representantes no encontro do nacionalismo galego.

Euskal Herria envía tres delegacións, representando a de EH Bildu, Eusko Alkartasuna e o Partido Nacionalista Vasco (PNV). Do resto do Estado, destaca a delegación de Ahora Canarias e  de Izquierda Castellana, desde Castela.

Portugal volve a estar representado polo Bloco de Esquerda e o Partido Comunista (PCP), xa inmersos na carreira electoral para os comicios lexislativos de xaneiro.

Unha representación dos Gobernos progresistas de America Latina tamén esta presente no encontro. Así, Cuba está representada pola cónsul xeral na Galiza, Yahima Martinez Millan e a Armando González Pazo, Venezuela, polo embaixador no Estado español, Mauricio Rodriguez e polo cónsul en Galiza, Martin Pacheco e Bolivia conta polo cónsul en Barcelona, Martín Bazurco.

A presenza de América do Sur complétase con delegados do Partido dos Traballadores de Brasil e do Partido Comunista do Brasil, das organizacións progresistas de Honduras, do Partido Autonomista Mapuche de Chile ou Fronte Guasú de Paraguai

As organizacións de liberación nacional de África e Oriente Medio estiveron no plenario a través da Fronte Polisario do Sahara, de Hirak do Rif, do Partido dos Pobos Kurdistán e da Fronte Popular de Liberación de Palestina.

As formación nacionalistas europeas tampouco faltaron a cita. Entre, estas atópanse o Plaid Cymru galés ou o Scottish National Party de Escocia, recibindo tamén saúdas do Sinn Féin irlandés.

Comentarios