Anova racha definitivamente con Sumar e descarta a coalición para as galegas

Anova, que nas pasadas eleccións estatais do 23 de xullo xa se decantou por pedir o voto soberanista para o BNG -como se posicionou Beiras nunha entrevista con 'Europa Press'-, desvincúlase así de novas alianzas coa esquerda estatal.
Marta Lois, Martiño Noriega, Yolanda Díaz e María Rozas durante un acto para as eleccións municipais (Foto: Europa Press).
photo_camera Marta Lois, Martiño Noriega, Yolanda Díaz e María Rozas durante un acto para as eleccións municipais (Foto: Europa Press).

O partido cofundado por Xosé Manuel Beiras, Anova-Irmandande Nacionalista, rompeu definitivamente coa esquerda española, unha alianza que explorou en 2012 xunto a Esquerda Unida en Alternativa Galega de Esquerda (AGE), unha candidatura que irrompeu co propio Beiras no Parlamento galego con nove deputados, incluída a propia Yolanda Díaz, actual líder de Sumar e vicepresidenta segunda do Goberno español.

A Coordinadora Nacional de Anova reuniuse o pasado sábado para avaliar os contactos que se mantiveron nos últimos meses coas formacións do espectro da esquerda coa mirada posta nas eleccións galegas de 2024 e sobre as que hai voces que as sitúan xa no principio do ano.

A decisión tomada foi a de dicir 'non' ao proxecto de Yolanda Díaz na Galiza, que ademais desta alianza, ofreceulle ao actual portavoz de Anova e ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ser o candidato nas eleccións galegas (como se tratou internamente, segundo as fontes consultadas), e a pesar da propia proximidade que o dirixente ten coa portavoz de Sumar, Marta Lois, que foi concelleira baixo o seu mandato na capital galega.

23-X

Anova, que nas pasadas eleccións estatais do 23 de xullo xa se decantou por pedir o voto soberanista para o BNG -como se posicionou Beiras nunha entrevista con Europa Press-, desvincúlase así de novas alianzas coa esquerda estatal.

Faino, tras máis de dez anos explorando alianzas estratéxicas que se evidenciaron en En Marea que chegou a acumular 14 deputado na Cámara galega.

Comentarios