Animalistas pedirán ás candidaturas do 5-A que garantan menú escolar “100% vexetariano”

Comedor escolar_Malaga al día
photo_camera Un comedor escolar.

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber entregarán aos partidos que presentan candidatura para as eleccións galegas do 5 de abril, un catálogo de 20 medidas de defensa dos animais e do medio ambiente, entre as que inclúen o establecemento dunha opción "100% vexetal" no menú escolar.

As entidades xa explicaron que, día de hoxe, atopar unha opción de menú 100% vexetal nos comedores escolares galegos é "imposíbel", algo que "nega este dereito a miles de nenos en nenas” e ás súas familias.

A iniciativa, inciden, está garantida por lei en Euskadi, Portugal e Chile, así como no Reino Unido, Francia, Suíza ou Alemaña, que facilita a posibilidade de adaptar os menús semanais a unha alimentación vexetariana ou vegana se a solicita a familia.

Comentarios