A xustiza non retira a imputación a Conde Roa

O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela desestimou o recurso de reforma presentado polo avogado do exalcalde
Gerardo Conde Roa
photo_camera Gerardo Conde Roa

O recurso de reforma presentado polo avogado do exalcalde compostelán Gerardo Conde Roa non foi adiante. O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela, José Antonio Vázquez Taín, desestimouno argumentando que "existen indicios racionais de terse perpetrado" feito que deu motivo á apertura da causa. "Así consta con total claridade que o imputado Gerardo Conde Roa, na súa condición de administrador único da Sociedade Geslander, non presentou declaración do IVE, nin aboou o devandito imposto, superando claramente a cantidade percibida a favor da Facenda Pública e non ingresada os 120.000 euros". O recurso de reforma pedía a retirada da imputación por un suposto delito de fraude fiscal derivado do non pagamento a Facenda de 291.000 euros polo IVE que cobrou da venda de 61 pisos a través da súa promotora Geslander.

"Os devanditos indicios son claros", subliña o xuíz.

No auto, o xuíz lembra que os motivos invocados pola defensa para argumentar a súa solicitude de arquivo, "irían dirixidos en dúas liñas distintas pero complementarias; por unha parte que os feitos non serían constitutivos de delito, e por outra, que o imputado está exento de responsabilidade criminal".  Taín sinala que "non" se achegaron indicios ou probas de que Conde Roa non estea exento de responsabilidade criminal, "se ben este extremo se volverá a analizar máis adiante".


Comentarios