A carreira cara ao 25-M xa está aquí

Os altos índices de abstención poden marcar os comicios europeos, cuxa campaña arrinca co nacionalismo e a esquerda pedindo participación co obxectivo de converter a cita electoral nunha mobilización contra o modelo vixente, cuxos defensores están cómodos coa resignación cidadá pero poden levar un desgosto o 25 de maio. 

voto
photo_camera voto

Arredor do 65 por cento d@s chamad@s ás urnas poden quedar na casa o 25 de maio. Iso indican as enquisas e o ambiente dunhas eleccións europeas cuxa campaña comeza esta semana e que supoñen un enfrontamento entre as forzas defensoras do modelo en crise que provoca esa desafección e as que propoñen alternativas de fonda mudanza, que son as mesmas que chaman á mobilización, a trasladar ás urnas o descontento das rúas, en contra dunha resignación que beneficia o status quo vixente, a catástrofe diaria.

Van sufrir PP e PSOE que buscan unhas eleccións de perfil baixo que logo intentarán centrar na súa disputa a dous, malia que o máis interesante xogarase no campo da esquerda real e das nacións, como no caso de Galiza. A representación do país en Bruxelas e Estrasburgo está en liza, moi por riba do alcance que poida ter o resultado estatal. Son estas as primeiras eleccións despois das novidades que apareceron nas autonómicas de 2012 pero tamén as primeiras dun ciclo constante de chamada ás urnas, xa que despois será a quenda das municipais, as xerais e as galegas. Hai desgaste no PP e no sistema en si, polo que a mobilización electoral semella outra peza máis -non a única, pero desde logo si unha das máis relevantes, para moit@s a máis- dos procesos de rebeldía ante un modelo desgastado tanto no que respecta á súa faciana constitucional española como no que atinxe á Unión Europea dos mercados. Contra ambos proponse o combate. Tamén nas urnas.

Ampla reportaxe de Rodri Suárez neste Sermos Galiza nº95

Comentarios