Galiza Nova realiza hoxe a XII Asemblea Nacional

A crise, as políticas da dereita, a alternativa do nacionalismo xuvenil, o papel de Galiza Nova na mobilización social e as melloras para fortalecer o BNG son as teses que se debaterán hoxe no Campus Sur en Compostela, baixo o lema "Érguete por unha Galiza Nova". Iria Aboi Ferradás conclúe a súa etapa como secretaria xeral.

XI Asemblea Nacional de Galiza Nova
photo_camera XI Asemblea Nacional de Galiza Nova


A organización xuvenil do BNG realiza hoxe a XII Asemblea Nacional na Escola Técnica Superior de Enxeñaría do Campus Sur en Compostela. Desde as 9 horas da mañá até a sesión de clausura aberta ao público ás 20 horas da tarde debateranse os documentos políticos que recollen os eixos prioritarios da acción que guiará Galiza Nova os vindeiros dous anos.

Con anterioridade debatéronse e propuxéronse emendas aos textos asembleares nas comarcas e será neste asemblea onde colectivamente se debata sobre os diferentes aspectos que recollen as teses: importancia da crise económica e a súa incidencia da mocidade, as políticas da dereita e a alternativa do nacionalismo xuvenil, o papel de Galiza Nova na mobilización social e as melloras organizativas necesarias para fortalecer o BNG e ampliar a incidencia do nacionalismo galego entre a mocidade.

Nova dirección política

Unha vez rematado o período da actual Secretaria Xeral, Iria Aboi Ferradás, que non volverá a presentarse, corresponderalle elixir á militancia unha nova dirección política.  No acto de clausura desta XII Asemblea Nacional participarán varias organizacións sociais galegas e Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que terá unha intervención após o discurso de clausura d@ nov@ Secretari@ Xeral de Galiza Nova.

Comentarios