Mas anunciará esta quinta feira se adianta as eleccións

O president reunirase esta cuarta feira con ERC e entidades soberanistas. Artur Mas chama a superar as liortas e desavenencias no bloque pro-consulta.

Artur Mas
photo_camera Artur Mas

Esta quinta feira Artur Mas fará pública a “decisión definitiva” sobre se hai adianto electoral en Catalunya. Así o afirmou esta terza feira o president da Generalitat nunha comparecencia de prensa para valorar estes dous anos de lexislatura. Mas aclarou que mañá, cuarta feira, manterá unha xuntanza con ERC e entidades soberanistas para valorar o “tramo final do proceso”. Iso si, deixou caer que a decisión que se adopte farase coa intención de que o proceso “non se desinche”, “continúe” e “saia ben”.

Artur Mas puxo en valor o traballo do goberno catalán para facer posíbel a consulta do 9N. Recoñeceu, tamén, que compría superar as desavenencias e diferencias que nos últimos meses se visibilizaban no bloque soberanista e especialmente con ERC. Porén, defendeu o pacto de estabilidade con Esquerra e mesmo cifrou (nun 67%) os compromisos dese pacto que se cumpriron.

CDC, o partido de Mas e socio maioritario na coligazón CiU, volveu esta terza feira a defender a lista unitaria como a mellor opción. Iso si, sinalaron, están dispostos a estudar e valorar outras fórmulas e emprazou a Arc a “volver á cultura do acordo”.

Máis en Països Catalans
Comentarios