Longas ringleiras para se autoinculparen polo 9-N no TSJC

Centos de persoas formaron longas ringleiras para se autoinculparen polo 9-N despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña admitira a trámite a querela que acusa a tres membros do goberno da Generalitat, entre elas, o presidente Artur Mas. 

Ringleira para autoinculparse
photo_camera Ringleira para autoinculparse

En solidariedade co presidente Artur Mas, a vicepresidenta, Joana Ortega e a conselleira Irene Rigau e contra a xudicialización do 9-N, no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña formáronse longas ringleiras de persoas que respondían á convocatoria da Asamblea Nacional Catalana. 

A campaña de autoinculpacións en masa promovida pola Asamblea Nacional Catalana (ANC) orixinou longas ringleiras de persoas na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) que esta segunda feira admitiu a trámite a querela que acusa a tres membros do goberno da Generalitat, entre eles o seu presidente Artur Mas, dun delito de desobediencia ao ter organizado a consulta do 9-N. 

"Falta de garantías democráticas"

Centos de persoas, entre as que se atopaba o presidente de ERC, Oriol Junqueras, rodearon o edificio do Tribunal en Barcelona para apoiar a campaña que botou a andar ANC que convida a asinar un documento no que se admite ter participado, sen presión de institución ou persoas, na consulta do 9-N. A web autoinculpacions9n.assemblea.cat explica polo miúdo a campaña. 

A ANC quere tamén, a través desta iniciativa, “manifestar a falta de garantías democráticas de España, onde a división é inexistente”. 

Máis en Països Catalans
Comentarios