A ANC pide eleccións en febreiro e unha lista unitaria do independentismo

A plataforma que ten liderado o movemento soberanista en Catalunya pide “unha candidatura transversal que alcance a independencia no menor tempo posíbel”.  

ANC
photo_camera ANC

A Assemblea Nacional Catalá (ANC) considera que o camiño para obter un mandato democrático "claro e definitivo" que avale a constitución dun novo Estado pasa pola celebración dunhas eleccións autonómicas de carácter plebiscitario "canto antes", co obxectivo de ter constituído un novo Parlament "na primavera de 2015". Esta é a proposta que fixo público o sábado a plataforma que preside Carme Forcadell en tras reunirse en Cornellà de Llobregat.

A data proposta pola ANC para a celebración de eleccións sería o mes de febreiro, o que obrigaría a apresurar a axenda, xa que o Estatut establece que as eleccións autonómicas deben celebrarse entre 40 e 60 días despois de que o president da Generalitat as convoque formalmente.

A ANC considera a proposta do president Mas "un bo punto de partida" para facer posible a construción dunha ampla maioría política e social en torno a unha "candidatura transversal" que teña como "principal obxectivo alcanzar a independencia nacional no menor tempo posible". A ANC di estar disposta a axudar para conseguir esa lista única.

Máis en Països Catalans
Comentarios