ESTADO

Carme Chacón marcha traballar a unha universidade anticastrista de Miami

A deputada do PSOE deixa o escano após anunciar que volverá para “renovar” o seu partido pero antes estará ocupada en Estados Unidos nunha institución intimamente relacionada coa dereita cubana.

Carme Chacón -deputada do PSOE, ex-ministra con Zapatero e rival de Rubalcaba no último Congreso, que perdeu- anunciou que deixa o seu escano no Congreso para desprazarse a Miami, onde durante aproximadamente un ano traballará -en funcións aínda indeterminadas- na Miami Dade College.

Malia presentarse como “renovadora” do PSOE e amosar de forma pública un perfil “máis á esquerda”, Chacón (que como ministra de vivenda sacou unha lei para acelerar os desafiuzamentos) relaciónase agora directamente coa segunda maior universidade en número de alumnos de Estados Unidos. Ademias, a Miami Dade College (MDC) mantén claras relacións co exilio da dereita cubana que nesa cidade reside.

A MDC para a que traballará a “renovadora” do PSOE organiza recollidas de fondos para organizacións “anticastristas” contrarias á revolución cubana (o Instituto de Estudios Cubanos y Cubanoamericanos/Casa Bacardí, por exemplo) e homenaxes a líderes da oposición de dereitas en Cuba, como Berta Soler -á que lle impuxeron unha medalla coa frase “garda da liberdade”- ou a blogueira Yoani Sánchez, que moitas informacións relacionan directamente -e con soldo- co goberno de Estados Unidos e que foi premiada por esta universidade após ser cualificada como “loitadora da liberdade” segundo palabras do reitor, Eduardo Padrón.

Máis en Mundo
Comentarios