Na noite da sexta feira, 15 de xaneiro, Al Qaeda perpetrou dous atentados en Uagadugú, capital de Burkina Faso, concretamente na cafetaría Capuccino e no hotel Splendid. Como resultado destes ataques morreron arredor de 30 persoas e hai un número semellante de persoas feridas.Na operación faleceron tres dos yihadistas.
Pola outra banda, até a mañá do sábado, terroristas atrincheirados mantiveron 126 reféns no interior do hotel, finalmente liberados logo da intevención das forzas de seguridade. Entre os reféns atopábase un ministro de Burkina Faso.
Al Qaeda do Magreb Islámico reivindicou os atentados e asegurou que tiveron lugar en “vinganza contra os incrédulos de Francia e o resto de Occidente”. Segundo un comunicado publicado por The New York Times, Al Qaeda diríxese aos “cristiáns, aos ocupantes das nosas terras, aos que saquean as nosas riquezas e aos que abusan da nosa seguridade”.