“A Torre de Hércules é unha grande descoñecida”, explica Souto, quen se apoia na Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para relatar “historias, mitos, lendas, mais tamén a experiencia vital da xente que traballa ao seu pé”. O faro de orixe romana é, ademais, Patrimonio da Humanidade da Unesco desde 2009.
Toda esta memoria oral inclúe, ademais, a toponomia inmensa do lugar. “Será, ademais, un camiño pola eufonía das rochas percebeiras”, unha das obsesión do Xurxo Souto (A Coruña, 1966) autor de libros como Contos do mar de Irlanda (2014), “O Grelle, Macallás, A Longuiña, Gueivouteiro, Xogadoiro, para albiscar a Torre Soñada”.
O roteiro sairá a quinta feira 17 de maio ás 11 da mañá da praia de San Amaro, o antigo cargadoiro de pedras. Dous días despois, o sábado 19 de maio, Souto impartirá a primeira de catro sesións -en sábados suicesivos- dun obradoiro literario “sobre as mil historias do vello faro: A viaxe de Trezenzonio, O Mar de Maria Antonia, Santo Amaro navegante, Os Homes Mariños das ondas do Orzán...”.