“Para nos despedir como ti querías”. Homenaxe a Manolo Vilaboa

Compañeir@s e amig@s de Manolo Vilaboa organizan este sábado un acto de despedida ás 18 da tarde no miradoiro do parque forestal da Madroa.

manolo_vilaboa_boa

O sábado 29 de agosto compañeir@ e amig@s de Manolo Vilaboa Toucedo, falecido o pasado 13 de agosto, realizarán un acto de despedida ás 18 da tarde no miradoiro do parque forestal da Madroa. Manuel Vilaboa  foi, como lembran desde GZcontrainfo, desde moi novo un traballador combativo, activo loitador contra o franquismo. "No ano 1951, en Barcelona, protagonizou unha folga de linotipistas, que o levou a pasar nove anos encarcerado na Modelo de Barcelona, e foi indultado por unha bula papal de Pio XII. Volvería pasar pola cadea dous meses máis en Vigo polas protestas de Ascón". Habitual de todas as mobilizacións en defensa da xustiza social e da solidariedade, participou moi activamente das asembleas do 15M na Farola de Príncipe.

Neste encontro haberá intervencións de compañeir@s de loita, música, poesía, así como un micro aberto para aquelas persoas que queiran intervir. Ao remate realizarase un brinde na súa memoria.


 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios