NON DES A ESQUECEMENTO

Josefa Barreiro e o pan da xustiza

Josefa Barreiro ficou recluída no esquecemento dunha tumba anónima. Ficouno buraco negro da historia, no silencio abafante dos anos e os días. Asasinárona por ser muller e colaborar cos fuxidos en 1937. Luís Bará fai memoria sobre a súa historia. 

 Josefa Barreiro, xornaleira de Vilagarcía de 26 anos, afiliada á CNT,  foi fusilada en Vilagarcía o 19 de marzo de 1937  en “aplicación dos bandos de guerra” por agochar na súa casa do lugar da Torre a Urbano Tarrío, tamén militante da CNT, que foi tamén asasinado o 16 de marzo de 1937 .  A morte de Josefa ten un responsábel directo, o comandante militar de Pontevedra Joaquín Velarde. A súa historia achéganos Luís Bará nunha nova entrada do blog "Non des a esquecemento". 
 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios