'30 CASTELOS PARA DESCUBRIR UN REINO'

O Castelo de Mesía, un enclave privilexiado entre Compostela e Betanzos

O Castelo de Mesía sitúase na localidade da Pobra, da freguesía de Bascoi, na bisbarra histórica da Terra de Ordes, moi vencellada á lindeira Terra de Compostela. Nun lugar privilexiado entre Santiago e Betanzos, por ser fronteira e lugar de paso de diferentes vías de comunicación que unen As Mariñas con Compostela.

Muralla exterior do Castelo de Mesía (Foto: Carlos Xesús Varela Aenlle).
photo_camera Muralla exterior do Castelo de Mesía (Foto: Carlos Xesús Varela Aenlle).

Os comerciantes europeos descargaban as súas mercadorías nos portos próximos, e os diferentes camiños que pasaban pola xurisdición de Mesía foron utilizados por viaxeiros que ían de Betanzos a Compostela, mencionando ademais que se atopa preto do Camiño Inglés, ramal do Camiño de Santiago, que vai desde A Coruña ata Compostela.

O Castelo de Mesía dominaba un amplo territorio con xurisdición propia, o que deu lugar como punto crucial xeográfico a ser escenario de numerosas revoltas, onde se exercía o control do camiño entre as antigas provincias de Betanzos e Compostela. De aí o interese tanto da nobreza galega coma da mitra compostelá por exercer a súa xurisdición.

O concello de Mesía hoxe en día componse de doce parroquias e 156 núcleos. No Antigo Réxime as parroquias da xurisdición de Mesía eran 45, exceptuando a de Cabrui, que pertencía á provincia de Betanzos.

[Podes ler este fascículo completo, dentro do coleccionábel 30 castelos e torres para descubrir un reino, comprando o xornal Nós Diario de hoxe, nos quiosques ou en formato dixital na nosa loxa en liña, a través desta ligazón. Cada día, unha nova entrega, totalmente gratuíta co xornal]

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios