Iniciativa do BNG

O Parlamento insta a Xunta a que faga xestións para Google Maps respeitar a toponimia galega

A iniciativa foi adoptada por acordo unánime de todos os grupos da cámara.

toponimia
photo_camera toponimia

Que desaparezan do Google Maps formas aberrantes e deturpadas como "La Estrada", "Vivero", "Órdenes", "Sanjenjo" ou "Lorenzana". Ese é o miolo da proposición non de lei da autoría de Olalla Rodil (BNG) que esta sexta feira foi aprobada por unanimidade polo Parlamento da Galiza. A iniciativa insta o goberno galego a que se dirixa á multinacional norteamericana para que poña fin á desfiguración da toponimía galega.

Na súa intervención, Rodil afirmou que a día de hoxe unha das ferramentas de xeolocalización máis utilizadas pola populación galega continúa a conculcar a lei de normalización lingüística, que estabelece as galegas como únicas formas lexítimas e legais dos topónimos do país.

É cuestión de vontade política, enfatizou a deputada nacionalista, quen puxo como exemplo que no servizo de emerxencias 112 si se conseguiu o pleno respeito da toponimia galega no seu xeolocalizador.

Comentarios