O manifesto pola derrogación do 'decretazo' contra o galego supera xa as 4.500 adhesións

A plataforma Queremos Galego valora a manifestación do pasado domingo como un éxito contundente" e lamenta o recurso da Xunta ante o Supremo en defensa do 'decretazo': "É a primeira vez na democracia que un goberno recorre contra a súa propia lingua"
galego
photo_camera galego

O manifesto da plataforma Queremos Galego en defensa do idioma propio de Galiza no ensino e pola derrogación do 'decretazo' suma xa máis de 4.500 adhesións. Entres os milleiros de asinantes, nomes coñecidos da literatura (Manolo Rivas, Paco Martín ou Fernández Paz), da escena (Mónica Caamaño, Comba Campoi) ou música (Magín Blanco). O representante de Queremos Galego, Carlos Callón, aclarou que esas sinaturas facían referencia só ás atinxidas a través da web da plataforma, "faltan por contabilizar as que se recollen en todas as comarcas do país".

Representantes desta plataforma que aglutina a máis de 700 entidades valoraron como "un éxito contundente e sen paliativos" a manifestación do pasado domingo, na que "unha maré de persoas asolagaron as rúas de Compostela para pedir a derrogación do decretazo". Callón lembrou que a mobilización contou coa presenza de milleiros de cidadáns "malia o silenzo de medios como a TVG ou Radio Galega" e a falta total de apioi do goberno "a un acto que era para defender o idioma".

Recurso

Carlos Callón tamén fixo referencia á decisión da Xunta de recorrer ante o Supremo a setenza do TSXG sobre o 'decretazo'. Para Callón "o de Feijóo é o primeiro goberno nestes 30 anos de democracia que vai aos tribunais para que a súa lingua propia non teña presenza no ensino". Aliás, o representante de Queremos Galego cualificou de "vergoña" que "nuns tempos nos que nos din que non hai cartos para sanidade ou educación, se estexa a gastar diñeiro público en atacar o galego".

Comentarios