Flora Miranda: "Comadre simboliza afecto entre mulleres, sororidade e camaradaría"

Flora Miranda é médica e unhas das mulleres que participa no grupo que promoveu a escolla da palabara 'Comadre' como palabra do ano 2022.
Flora Miranda (Foto: Cedida).
photo_camera Flora Miranda (Foto: Cedida).

Que simboliza a palabra comadre?

Trátase dunha proposta dun grupo de mulleres que nos autodenominamos ‘comadres das letras, un grupo de escrita de Eli Rios.

É importante destacar que isto non é unha iniciativa individual, senón que é algo grupal.

O ano pasado a Asociación de escritores de lingua galega [AELG] organizou un obradoiro que impartía a propia Eli Ríos e varias de nós solicitamos que se volvera facer este ano, no que se incorporaron persoas novas.

Non é nada individual nin particular. [A conformación do grupo] foi algo informal

Cando soubemos do concurso da elección da palabra do ano, algunhas de nós propuxemos a palabra ‘comadre’. Propuxémola en primeiro lugar porque nos sentiamos identificadas, porque nos representaba, porque é unha palabra da que queremos rescatar o seu significado. E tamén porque para nós ten un significado especial que é unha rede de afectos entre mulleres, de apoio mutuo, unha rede de sororidade, de camaradería e de acompañamento.

Durante este obradoiro de escrita moitas de nós tiñamos pudor por escribir, compartiamos o texto entre nós, nos animabamos mutuamente a presentalo a concursos... De aí xurdiu o das comadres das letras.

Que importancia teñen as redes de apoio mútuo?

A nós parécenos moi importante o significado da palabra comadre na medida en que simboliza sororidade e o apoio mutuo entre as mulleres, que é en definitiva o que facíamos entre nós.

Afecta todo isto en que as mulleres non estamos acostumadas a reivindicar o noso acompañamento mutuo fóra de competicións. As redes de apoio mutuo e de autocoidado son moi importantes no benestar das mulleres.

Somos un grupo de mulleres que están aprendendo a escrita, algunhas eran veteranas, xa publicaban e outras coma min escribían con certo pudor.

Que queda por facer?

Moito, educar as mozas en redes de afecto e sororidade. Educar os nosos fillos tamén nesta nova forma de relacionarnos entre nós. Coidarnos, acompañarnos, non competir.

Colocar as mulleres no lugar que nos corresponde por mérito propio. E intentar relacionarnos dunha forma menos violenta, é devastador ver a prensa e ver que xa asasinaron a catro mulleres por violencia machista.

Queda todo por facer. Nós só puxemos o noso mínimo gran de area reivindicando outro modo de relacionarnos, de apoiarnos, máis redes de afecto, de apoio, de coidado, máis emoción, máis afecto e menos relacións tóxicas, menos violencia; unhas relacións máis igualitarias.

Comentarios