xoves 03/12/20

O Correlingua volta aos centros de ensino no seu 20 aniversario

Correlingua fecha a paréntese aberta pola pandemia e volta aos centros de ensino para reclamar unha vida en galego e o dereito ao uso da lingua propia da Galiza. Faino baixo o lema "Vinte coa lingua" no seu vixésimo aniversario.

Alberte Oubiña, Marcos Maceira, Martía Ortega, Anxo Terán e Xacobe Rodríguez.
Alberte Oubiña, Marcos Maceira, Martía Ortega, Anxo Terán e Xacobe Rodríguez.

O Correlingua suma xa 20 anos mais a situación excepcional provocada polo coronavirus non impedirá que as rapazas e rapaces poidan tomar parte desta actividade, organizada pola CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Na presente edición, que foi presentada esta sexta feira, o Correlingua terá presenza física en 12 centros escolares doutras tantas localidades galegas e contará coa participación de 9 artistas en 16 actuacións. Trátanse de Luís Caruncho, Cuarta Xusta, AldaoLado, Isabel Risco, Cé Orquestra Pantasma, A Gramola Gominola, Paco Nogueiras e Monoulius Biribirlocke.

As actividades de Correlingua, que terá lugar baixo o lema "Vinte coa lingua", comezarán o 5 de novembro en Narón e prolongaranse ao longo de todo o mes de novembro. Realizaranse de maneira controlada nos distintos centros que este ano acollerán un Correlingua que salta á internet para que os colexios que o desexen poidan asistir de maneira virtual ás actividades.

Correlingua segue así reivindicar coa rapazada dos centros o dereito a vivir en galego e o dereito a vivir nela.

Presentación da vixésima edición

Na presentación da vixésima edición desta actividade, participaron María Ortega, deputada de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos en Pontevedra; Alberto Oubiña; concelleiro de Xuventude, Normalización Lingüística e Coordinación do rural en Pontevedra; Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua; Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Xacobe Rodríguez, secretario comarcal CIG-Ensino (Pontevedra).

O presidente de Correlingua, Anxo Terán, puxo de manifesto en declaracións aos medios de comunicación que a edición deste ano “non podía pararse” e “menos neste noso novo vixésimo aniversario”. “Xuntamos nestas últimas edicións profesorado que hai anos participaba como alumnado; imos medrando e por iso estamos ledas de celebrarmos os vinte anos, un ano especial para un Correlingua diferente”.

No mesmo sentido, a deputada María Ortega sinalou a excepcionalidade do momento que se vive e a necesidade de que nestas circunstancias se siga traballando na defensa e no uso da lingua. Para o concelleiro de Pontevedra, Alberto Oubiña, a lingua “non é só para as celebracións e por iso é importante manter a actividade arredor dela e promover o seu uso diario”. 

Así mesmo, Maceiras expuxo que hai limitacións dos contidos en galego para a rapazada e a mocidade, cunha programación da TVG limitada, motivo polo que a Mesa puxo en marcha a campaña para ter unha canle do Xabarín para axente moza, dobraxes en galego e outras melloras no audiovisual e a cultura.

Localidades Correlingua

  • Narón. Pazo da Cultura | de novembro 20
  • Lugo. IES Nosa señora dos ollos grandes | de novembro 20
  • O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) | 12 de novembro 20
  • Pontevedra (CEIP de Xeve) | 18 de novembro 20
  • Moaña. Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela) | 19 de novembro 20
  • A Mariña. Xove. CEIP Caselles Rollán | 20 de novembro 20
  • Ourense. IES As Lagoas | 27 de novembro 20
  • Vigo (IES Ricardo Mella) | 
  • A Coruña. CEIP. Alborada.
  • A Estrada
  • Zas. CPI de Zas
  • Rianxo

 

comentarios