‘Apaga TVE’: A Mesa chama a ver só as emisións en galego na Televisión española o vindeiro día 11

A iniciativa quer denunciar a escasa presenza da lingua propia da Galiza na canle pública.

 

mando tv

#EuApagoTVE. Con este HT ou cancelo A Mesa impulsa unha iniciativa para que a vindeira segunda feira, 11 de outubro, só se sintonice a TVE para era aquelas emisión en galego.

É dicir, chámase a que nesa xornada, de 0 a 24 horas, non se prenda nin La1, La2, Clan, TD e 24H, que son as diferentes canles do grupo, agás as emisións en galego (La1) de 14 a 14:20h e de 15:55 a 16:15h.

“Televisión Española só destina ao galego 40 minutos diarios das 120 horas de emisión que ten entre todas as súas canles”, lamenta a organización convocante, A Mesa pola Normalización Lingüística. ”A Mesa dirixiuse en tres ocasións para solicitar un encontro coa Dirección Xeral de RTVE sen recibir resposta”, mais non obtivo resposta.

A iniciativa coñécese horas despois, ademais, de que un programa da TVE, MasterChef, irritase e molestase a audiencia polo que consideran unha “burla ao galego”.

Audiovisual

Mais o marco no que se desenvolve esta iniciativa da Mesa é outro: a de pular pola presenza do idioma propia da Galiza no audiovisual.

A Mesa pola Normalización Lingüística enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, solicitando o recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico

Recentemente, representantes do PP, BNG e PSdeG amosaron xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística no Parlamento de Galiza a petición unánime das forzas políticas galegas para que a nova lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o Goberno estatal inclúa o galego nas medidas de protección da dobraxe, da lexendaxe, das audiodescricións e do financiamento anticipado establecidas para o español.

O texto aprobado por unanimidade no Parlamento galego instaba a: "que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda" e mais a "reclamar da  Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App".

A Mesa pola Normalización Lingüística enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, solicitando o recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico; o estabelecemento dunha porcentaxe idéntica ao castelán nos contidos mínimos en galego e nas outras linguas cooficiais tanto para televisión como plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video e mais no deber de financiamento antecipado a obra audiovisual europea. Tamén se demandaba a incorporación do galego e das outras linguas cooficiais nos subtítulos, dobraxes e audiodescripcións, nos mesmos contidos que o castelán; a consideración da lingua galega como contido de interese xeral en audio ou texto escrito (dobraxe, subtítulos, audidescricións); que webs e outras interfaces de comunicación dixital coa persoa usuaria ou cliente incorporen as linguas oficiais; e asegurar a reciprocidade con Portugal.

Comentarios