As vixentes campioas de Irlanda de fútbol gaélico e a súa viral mensaxe en apoio a Palestina

Nas últimas semanas varios actos de solidariedade co pobo palestino decorreron no mundo do deporte irlandés.
dublin ladies
photo_camera As xogadoras, coa pancarta.

As xogadoras do Dublin Ladies, club de fútbol gaélico da capital irlandesa, piden o cesamento do fogo en Palestina no inicio da liga. O equipo de fútbol gaélico feminino de Dublín mostrou unha pancarta pedindo o cesamento do fogo en Palestina antes do primeiro partido de liga desta noite contra o Kerry.

Antes do encontro en Parnell Park, as integrantes do equipo dublinés mostraron unha faixa na que se lía en gaélico "Sos cogaidh sa Phalaistín", que se traduce como "Cesamento do fogo Palestina".

As vixentes campioas de Irlanda mostraron a faixa antes do seu partido inaugural da tempada 2024 da Lidl National Football League contra o equipo ao que derrotaron en Croke Park na final da Copa Brendan Martin do pasado agosto.

Desde o inicio da agresión israelí á faixa de Gaza diversos actos de soldariedade e apoio a Palestina teñen decorrido en Irlanda, tanto a nivel político, como institucional, social ou deportivo.

A imaxe das xogadores fíxose axiña viral, non só en Irlanda, mais tamén en Paletsina, onde foron moitas as usuarias de redes sociais que agradeceron o xesto.

Comentarios