"Vascongadas" ou Euskal Herria? Nova lea en redes sociais

A palabra "Vascongadas" para referirse a Euskadi convertiuse nun dos Trending Topic do día en Twitter. Hai escasos días o enfrentamento era o mesmo despois de que VOX sacara esa denominación do pasado franquista.
A bandeira Ikurriña, símbolo de Euskadi, nun acto político. (Foto: Europa Press)
photo_camera A bandeira Ikurriña, símbolo de Euskadi, nun acto político. (Foto: Europa Press)

A denominación máis axeitada para o País Vasco: véxase Euskadi, Euskal Herria ou “Vascongadas” volve ser motivo de lea hoxe na plataforma social Twitter. A palabra “Vascongadas” converteuse enseguida nun dos trending topic da tarde cun debate con acusacións mutuas.

Após de que hai unha semana o uso de “Vascongadas” por parte de Vox para referirse a Euskadi se fixese tema do momento con motivo do debate dos orzamentos xerais do Estado e da participación dos partidos vascos, hoxe volveu ser día de discutir o nome.

Os chíos nun e noutro sentido completaron moitos taboleiros co polémico cancelo “#vascongadas”. Mentres que un grupo de persoas defende o uso desta expresión, outra parte da comunidade incidiu en que o correcto é falar de “Euskadi” ou “Euskal Herria”.

Mesmo houbo contas que lanzaron enquisas que espertaron certo odio entre as partes, facendo do hashtag algo así coma unha provocación para o sentimento nacionalista euskera.

Chegouse a botar man da Constitución para falar de que “Vascongadas” estaba aceptado, pero houbo quen tamén compartiu o estrato do documento no que, en ningún momento, aparece esa nomenclatura.

Así ao longo das últimas horas o tema foi acumulando posicións políticas até concluír que “é un uso pexorativo” da dereita e de partidos como Vox.

De feito, algunhas opinións lembraban que a fórmula era propia “da ditadura de Franco” e que agora era rescatada por “Vox”.

Comentarios