Confrontación EUA-UE e Rusia

A UE, de apoiar o veto de Alemaña ao medio RT, a cualificar de "inaceptábel" o veto de Rusia a DW

O regulador de medios alemán, Medienanstalt Berlin-Brandenburg, ordenou a cancelación do sinal de RT en alemán no satélite de telecomunicacións europeo Eutelsat 9B.
Sede en Bruxelas do Parlamento Europeo. (Foto: Europa Press)
photo_camera Sede en Bruxelas do Parlamento Europeo. (Foto: Europa Press)

Un  voceiro do Servizo Europeo de Acción Exterior cualificou de "inaceptábel" a decisión do Goberno ruso de prohibir a emisión da telivisión de Alemaña Deutsche Welle, así como de retirar as acreditacións a todo o seu persoal.

A decisión de Moscova chega despois de que o Goberno alemán fixese o propio co medio RT , vencellado desde os Estados Unidos de América (EUA) co Kremlin, seis días despois de saír á luz no seu territorio.

Nesa ocasión, a Unión Europea non só non criticou a medida, senón que apoiou a Alemaña na súa decisión. A directora do grupo de communicación, Margarita Simonián, criticou a "presión ilegal" realizada sobre o medio, e asegurou que “en ningún país do mundo loitaron tanto contra nós como en Alemaña”.

Para a UE, "nada ten que ver" o traballo de Deutsche Welle en Rusia con este veto a RT, que xustifica polo feito de "non ter unha licencia válida", que motivou o regulador alemán a suspender a difusión do medio no país.

Ambos medios acudirán aos xulgados

Tanto RT como DW anunciaron que acudirán aos tribunais para impugnar as decisións dos Gobernos ruso e alemán.

No caso de RT, ademais da "censura" de Alemaña, tamén critican a negativa de Luxemburgo a conceder unha licencia para a emisión do medio após as presións das autoridades xermanas, así como a decisión de Youtube de eliminar a canle da televisión, cando se atopaba no cuarto posto dos medios de fala alemá, segundo Tubular Labs.

Pola parte de Deutsche Welle, a Unión Europea asegura que confía en que o medio poida acceder aos procedementos que a xustiza prevea para apelar unha decisión "inxustificada"

Comentarios