O Tribunal Supremo nomea Delcy Rodríguez, a vicepresidenta de Maduro, como presidenta de Venezuela
Os mecanismos institucionais continúan funcionando con normalidade en Venezuela no contexto da situación de emerxencia creada tras intervención estadounidense. O Tribunal Supremo vén de nomear a Delcy Rodríguez como presidenta.
A Sala Constitucional do Tribunal Supremo venezolano anunciou que tras a agresión contra o mandatario Nicolás Maduro, quen foi secuestrado e levado a Estados Unidos, a súa vicepresidente Delcy Rodríguez deberá asumir a presidencia do poder executivo.
A resolución da máxima instancia xudicial do país responde ao disposto pola lexislación venezolana que estabelece que en caso de ausencia do presidente as súas funcións deben ser asumidas polo seu vicepresidente, cargo que Rodríguez asumía desde 2017, ano en que sucedeu na responsabilidade a Tareck El Aissami.
A resolución do Tribunal Supremo sinala que "se anuncia que cidadá Delcy Eloína Rodríguez Gómez, vicepresidenta executiva da República, asuma e exerza en condición de encargada, todas as atribucións, deberes e facultades inherentes ao cargo de presidenta da República Bolivariana de Venezuela".
O auto, asinado pola maxistrada Tania D’Ameli, argumenta que a decisión adoptouse como "medida de protección urxente e preventiva", "co fin de garantir a continuidade administrativa e a defensa integral da nación".
A filla dun guerrilleiro asasinado pola seguridade venezolana en 1976
A nova presidenta de Venezuela fai parte do núcleo dirixente do país desde hai máis de 25 anos. Nacida nunha familia de militancia revolucionaria, o seu pai, un destacado líder guerrilleiro, foi asasinado en 1976, cando Delcy só contaba 10 anos, polos servizos secretos venezolanos. Ao tempo, entrou a facer parte do Goberno de Hugo Chávez en 2003.
Xurista de formación e profesión, dirixente estudantil e militante bolivariana desde os primeiros anos 90, en 2006 asumir a responsabilidade de ministra do Despecho da Presidencia de Hugo Chavez, ocupando nos anos seguintes os ministerios de Comunicación, de Exteriores ou de Economía e Finanzas.
Persoa de máxima confianza de Chávez e de Maduro
Rodríguez foi a colaboradora máis próxima de Maduro desde que accedeu á presidencia en 2006. Precisamente, o sábado tres compareceu para asegurar que "hai un só presidente e é Maduro", solicitar a súa liberación e mandar unha mensaxe clara a Estados Unidos: "xamais volveremos ser colonia do imperio".
A nova presidente é dun dos tres vértices do poder venezolano canda o histórico dirixente e ministro de Interior, Diosdado Cabello, e o xeneral e ministro de Defensa, Vladimir Padrino, auténtico líder dun exército que se mantén unido en defensa da institucionalidade bolivariana.
A nova presidenta de Venezuela ten por diante unha situación moi complicada. Porén, a estrutura de poder no país mantense intacta e Rodríguez, conta co apoio dos diversos poderes do país e do exército.