Syriza roza a maioría absoluta no Parlamento na recta final da campaña grega

A última sondaxe concédelle 144 deputad@s nun Congreso de 300. @s indecis@s representan o 21%. Alex Tsipras di que Syriza “só é un risco para os oligarcas” e pide un apoio masico para poder facer fronte á Troika. 

syriza-crop
photo_camera syriza-crop

Syriza tería o 35,5% dos votos e 144 deputados na Cámara lexislativa grega, integrada por 300 parlamentarios. É o resultado que lle outorga a última enquisa feita até agora, do instituto Public Issue, e que sitúa a coalición esquerdistas a aloumiñar a maioría absoluta. Porén, unha semana antes outra sondaxe dese mesmo instituto outorgaba a Syriza o 38% dos votos e 151 deputados _a maioría absoluta--

Grecia enfila a recta final da campaña electoral coas enquisas a dar unha vitoria de Syriza, sendo a chave saber se esta lle traerá ou non a maioría absoluta no Parlamento. A última sondaxe dálle a ND o 30,5 por cento dos sufraxios e 81 parlamentarios. Samaras pide o apoio para “un goberno forte” e adianta que está disposto a pactos con todas as forzas ‘eurófilas’ mais non con Syriza: “Eu son un patriota”, afirmou.

O perigo é a Troika

Tamén fai fincapé en pedir un amplo apoio popular para un goberno forte Tsipras, que quer contra-restar a campaña do medo contra unha posíbel chegada de Syriza ao goberno. “Só somos un perigo para os oligarcas. Para a clase media, a clase traballadora e as clases populares o perigo é Samaras”.

Unha das cuestións que cobran importancia é quen será a terceira forza nos comicios ante a probabilidade de que non haxa maiorías absolutas e se abra a porta a negociacións e pactos. As enquisas sitúan os centristas de To Potami cun 7% e KKE (comunistas), Pasok (socialdemócratas) e Mencer Dourado (extrema-dereita) pivotando en torno ao 5 por cento cada un deles.

Comentarios