O Supremo sentencia o fiscal xeral polo 'email' e a nota: "Non pode responder a unha noticia falsa cun delito"

A sentenza coñeceuse esta terza feira, case tres semanas despois de que o tribunal que xulgou García Ortiz adiantase a resolución.
Álvaro García Ortiz presentou a súa renunica como fiscal xeral do Estado. (Foto: Diego Radamés / Europa Press)
Álvaro García Ortiz presentou a súa renunica como fiscal xeral do Estado. (Foto: Diego Radamés / Europa Press)

O Tribunal Supremo (TS) sentenciou que o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, "non pode responder a unha noticia falsa mediante a comisión dun delito", indicando que neste caso a revelación de segredos contra Alberto González Amador —mozo da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso— foi tanto pola filtración do correo electrónico como pola publicación da nota de prensa.

A sentenza coñeceuse esta terza feira, case tres semanas despois de que o tribunal que xulgou García Ortiz adiantase a resolución pola que acordou condenalo a dous anos de inhabilitación para o cargo e multa de 7.200 euros, así como a indemnizar González Amador con 10.000 euros por danos morais.

García Ortiz dimitiu o pasado 24 de novembro, catro días despois de comunicarse a decisión do Supremo. Posteriormente, o Goberno anunciou que a fiscal de sala do TS Teresa Peramato era a candidata para relevarlle como xefe do Ministerio Público.

Xunto á sentenza consta o voto particular das maxistradas progresistas Ana Ferrer e Susana Polo, que se desmarcaron dos seus compañeiros —Andrés Martínez Arrieta, Manuel Marchena, Antonio do Moral, Juan Ramón Berdugo e Carmen Lamela—. Polo era a encargada de redactala pero, dada a súa discrepancia, a tarefa recaeu en Martínez Arrieta. O cambio de relator e a obrigación de comunicalo ás partes foi o que propiciou que se avanzara o veredicto, segundo fontes xurídicas.

Comentarios