Sánchez confirma que haberá "varias reunións" con Puigdemont e Junqueras

A amnistía será debatida na Comisión de Xustiza do Congreso.
O presidente do Estado español, Pedro Sánchez, a segunda feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
photo_camera O presidente do Estado español, Pedro Sánchez, a segunda feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)

Após negarse a corroborar a pasada semana se programaba unha xuntanza co ex presidente catalán no exilio, Carles Puigdemont (Junts), o mandatario español, Pedro Sánchez (PSOE), transmitiu hoxe que ao longo da lexislatura participará en “varias reunións” tanto con el como con Oriol Junqueras, presidente de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e ex vicepresidente catalán.

Sánchez defendeu que “hai que ir cara a unha normalización”, após permitir os acordos de investidura coas forzas catalás e as formacións nacionalistas de Euskadi e a Galiza que fora reelixido no cargo.

Nunha conversa con xornalistas, Sánchez comunicou que a súa preferencia é que o encontro con Puigdemont se produza unha vez aprobado o Proxecto de lei orgánica de amnistía no lexislativo español.

A Mesa do Congreso sinalou que o prazo para presentar emendas á totalidade comeza o 23 de decembro e finaliza o 3 de xaneiro. Con posterioridade a norma será debatida na Comisión de Xustiza da Cámara Baixa antes da súa aprobación no Pleno do Congreso.

Comentarios