Investidura

Sánchez: “Ou coalición progresista ou máis bloqueo”

O candidato á presidenta pide á dereita que “asuman” o resultado das eleccións.

Pedro Sánchez investidura (Congreso)
photo_camera Pedro Sánchez após a súa intervención no Congreso esta terza feira (Congreso).

O candidato socialista á presidencia do goberno pediu esta terza feira o apoio do Congreso para “superar o baleiro de poder” e lograr “maiorías de goberno fronte a maiorías de bloqueo”.

Este foi un dos eixos dos 10 minutos de intervención de Pedro Sánchez, defender a súa candidatura como “a única posíbel” saída das eleccións e incidir en que “non hai outra opción de goberno”. “Ou coalición progresista ou máis bloqueo de España”, engadiu.

Sánchez asegurou que o goberno que el presida será unha boa “nova” para dereitos sociais e laborais e chamou tamén a “despexar este clima tóxico”, referíndose á tensión parlamentar da que responsabiliza á dereita española.

Casado e Abascal apelan ao Borbón

Os líderes da segunda e terceira forza, Pablo Casado (PP) e Santiago Abascal (Vox) tiveron non poucas coincidencias nos seus respectivos discursos, desde a apelación e defensa da monarquía española até a referencia constante á unidade do Estado español, pasando por ataques á forzas de esquerdas e nacionalistas. “¡Viva el Rey, Viva España! Fechou a súa intervención Abascal, aplaudido polos parlamentares  de dereitas, o mellor resume das dúas intervencións.

Outra España

Pablo Iglesias, de por parte, apelou á “outra España” e defendeu a necesidade dun goberno de progreso para atender as necesidades da “clase traballadora”, de colectivos feministas, LGTBI... Dirixíndose ás bancadas da dereita díxolles: “Se queren defender a monarquía, eviten que a monarquía se identifique con vostedes. Tal vez sexan vostedes a maior ameaza para a monarquía”.

Comentarios