Rusia informa que a vacina contra a Covid, Sputnik V, ten efectividade de 95%

Os resultados obtivéronse en voluntarios  42 días despois da inxección da primeira dose.

probas, vacinas, rusia, coronavirus
photo_camera Nestes días diversas empresas informaron da efectividade das súas vacinas (Foto: Europa Press)

Rusia anunciou que Sputnik V, a vacina contra o Covid-19 que está a desenvolver o Centro Nacional de Epidemioloxía e Microbioloxía Gamaleya en Moscú, é 95% efectiva, segundo os resultados preliminares.

Nun comunicado, o Ministerio de Saúde de Rusia dixo que os resultados foron obtidos en voluntarios 42 días despois da inxección da primeira dose. O equipo di que estes datos "positivos" obtivéronse durante a segunda análise dos datos provisionais dos "maiores ensaios clínicos aleatorios controlados con placebo" da historia rusa, que implicaron 40.000 voluntarios: 22.000 vacináronse coa primeira dose e máis 19 mil coa primeira e a segunda.

Non se detectaron efectos secundarios graves nos participantes, pero algúns informaron de efectos leves e a curto prazo, como dor no lugar da inxección e síntomas similares aos da Covid-19 como febre, febleza, fatiga e dores de cabeza

Non se detectaron efectos secundarios graves nos participantes, pero algúns informaron de efectos leves e a curto prazo, como dor no lugar da inxección e síntomas similares aos da Covid-19 como febre, febleza, fatiga e dores de cabeza.

A vacina tamén se avaliou 28 días despois da primeira dose e sete días despois da segunda dose (ou placebo) e demostrouse que era do 91,4% de efectividade nos 39 pacientes que desenvolveron a enfermidade.

"Os expertos do Gamaleya Center confirmaron unha vez máis a alta eficacia da vacina Sputnik V, a primeira vacina rexistrada no mundo contra o novo coronavirus baseada nunha estratexia ben estudada de vectores adenovirais humanos", sinala o comunicado.

Comentarios