Rufián propón unha "fronte ampla constituínte" contra o 155

gabriel rufian ERC

A proposta de Albano Dante Fachin, líder de Podem, de crear unha “fronte unitaria” de forzas políticas para rexeitar a aplicación do 155 e as súas consecuencias xa tivo unha primeira resposta. A de Gabriel Rufián, de ERC, que ve con bos ollos dar pasos para enfrontar o que cualifica como “autonomismo golpista”.

Fachin xa sinalou que consideraba que participar nas eleccións do 21D como unha convocatoria normal supuña aceptar o mesmo 155 que se di rexeitar, para alén de “traicionar” o “espírito do 1-O”.

Nin ERC nin PDEcat definiron aínda a súa postura a respecto das eleccións convocadas polo goberno español ao abeiro do 155. Rufiá amosouse coincidente co líder de Podem, ao que lle respondeu “atopémonos nunha fronte ampla constituínte diante do 21/12 autonómico golpista de PPSOECs. República en lexítima defensa”.

Varios cargos da CUP manifestáronse a través das redes sociais contrarios a tomar parte nuns comicios convocados por Madrid a golpe de intervención co 155 na man. 

Comentarios