A principal forza opositora india denuncia o bloqueo das súas contas

Protestas labregas ao longo do territorio.
O líder do Congreso Nacional Indio, Rahul Gandhi. (Foto: Ravi Batra / Europa Press / Contacto)
photo_camera O líder do Congreso Nacional Indio, Rahul Gandhi. (Foto: Ravi Batra / Europa Press / Contacto)

O Congreso Nacional Indio, o partido máis importante de oposición ao actual primeiro ministro Narendra Modi, criticou hoxe a conxelación das súas contas bancarias poucas semanas antes de que sexa anunciada a data dos comicios lexislativos que teñen que decorrer este ano.

Ajay Maken, voceiro da formación progresista, explicou que Facenda reclama máis de 23 millóns de euros á organización nunha investigación sobre a declaración de impostos de 2018 e 2019, e admitiu que o partido presentou a documentación con até 45 días de atraso, mais reiterando que iso non xustifica a decisión.

Ademais de afirmar que é “un día triste para a democracia india”, anunciou que amais da presentación dunha apelación xudicial tamén convocarán manifestacións para rexeitar a medida, logo dunha tentativa da Xustiza de inhabilitar o líder e candidato do Congreso, Rahul Gandhi.

A decisión das autoridades produciuse cando as mobilizacións agrarias se estenden polo país exixindo que se garanta o prezo das colleitas, e sufrindo  represión ao intentar avanzar cara a Nova Deli.

Comentarios