Presidente Abbas: "Temos dereito a defendernos contra Israel e o terrorismo dos colonos"

Os bombardeos de Israel deixan máis de 300 civís palestinos mortos en Gaza.

Amhmud Abbas na ONU
photo_camera O presidente palestino Mahmoud Abbas na ONU. (Foto: Europa Press).

Os enfrontamentos entre a resistencia palestina e Israel continúan por segundo día consecutivo. Mentres se manteñen os combates en terra, a aviación sionista cébase contra a poboación de Gaza.

A poboación civil palestina está ser nas últimas horas o principal obxectivo das forzas armadas de Israel. Segundo os datos das autoridades sanitarias palestinas, os bombardeos sionistas deixaron máis de 300 civís palestinos mortos en Gaza nas últimas horas.

A resistencia palestina mantén liberadas 11 localidades ocupadas desde hai décadas por Israel. Porén, o Goberno de Israel afirmou ter recuperado o control doutras 22 posicións en mans dos milicianos de Palestina, mais recoñece enfrontamentos terrestres en máis de dúas ducias de localidades.

Abbas

O presidente palestino Mahmoud Abbas sinalou que “o pobo palestino está a defenderse do terrorismo dos colonos e das forzas de ocupación israelís” e lembrou que Palestina perdeu 70% do seu territorio desde 1948.

Abbas, que mantivo unha reunión de emerxencia dos funcionarios do seu Goberno en Ramallah, subliñou a necesidade de ofrecer protección ao pobo palestino e proporcionar todo o necesario para favorecer a súa defensa.

O mandatario palestino reiterou o dereito da palestinos para defenderse do terrorismo dos colonos e das forzas de ocupación israelís. Precisamente, Abbas é militante de Fatah, organización hexemónica dentro da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), tradicionalmente enfrontada a Hamas.

Netanyahu

O presidente de Israel, Benxamín Netanyahu, chamou ao seu pobo a prepararse para un guerra longa e recoñeceu importantes baixas nas súas filas. Neste sentido, destacou que este conflito era diferente aos anteriores.

Netanyahu dirixiuse aos “cidadáns de Israel”, significando que “ estamos en guerra. Non nunha operación, non son roldas de combates, é unha guerra”. Nesta dirección, asegurou que “converterán Gaza en cinzas”

O xefe do Executivo sionista declarou que “o inimigo pagará un prezo sen precedentes”. Nesta perspectiva, indicou  que “ordenei, en primeiro lugar, que se desaloxasen as comunidades nas que se infiltraron terroristas. Ao mesmo tempo, ordenei unha ampla mobilización de reservas e que devolvamos o lume dunha magnitude que o inimigo non coñeceu”

Comentarios